As Pontes, 21 de novembro| Achégate o martes, 29 de novembro á Casa Dopeso ás 16:00h para resolver todas as túas dúbidas sobre a factura da luz.

A Xunta activa a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.

•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

-Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.

-Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.

-Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.

-Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.

-Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.

-Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.

-Coñecer os dereitos dos consumidores e onde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

Guía rápida para aforrar na factura eléctrica: CONSULTAR

Para acceder á Aplicación:

http://www.inega.es/informacion/simuladores/

Segue a campaña no Facebook

Facebook.com/dalleluzatuafactura/

Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23