As Pontes, 17 de novembro| Aprende a utilizar WhatsApp e coñece as súas novas funcións. Curso gratuito e emitido en directo por Internet na aula CeMIT da casa Dopeso. Mércores 23 de novembro de 11:30 a 13:30 horas.
A aplicación WhatsApp permíteche comunicar con amigos e familiares dunha forma rápida e sinxela a través do teu teléfono móbil.
Neste curso falaremos de funcións interesantes que ten WhatsApp como:
- Uso de WhatsApp para comunicarse por chat, chamada ou vídeo chamada.
- Utilidades de privacidade e seguridade da aplicación.
- Creación e xestión de grupos e difusións.
- Como compartir información a través de WhatsApp a contactos e amigos de temas de interese.
Apúntate e sácalle o máximo partido a WhatsApp!