As Pontes, 5 de abril| Esta mañá celebrouse unha xunta de seguridade na sala polivalente da Casa Dopeso para abordar a necesidade de mellorar a seguridade nas Fragas do Eume, e especialmente na zona do canón do Eume.

Aunque todos os anos se está a ter que facer algunha intervención nesta zona, o recente rescate dunha muller maior e dun peso considerable, que se complicou moito foi o detoante de decidir que se deben de tomar medidas denantes de que haxa que lamentar unha situación máis grave.

A xuntanza convocábase a iniciativa de Protección Civil de As Pontes, que buscaba que todas as administracións, e corpos de emerxencia e atención se cordenasen para garantir unha atención eficiente a calquera que poda sufrir un percance nun espazo onde os accesos son moi difíciles e as vías son moi difíciles de transitar cos elementos precisos para un rescate, ademais de non contar con cobertura para as comunicacións.

Co Concello de As Pontes como anfitrión, con Antonio Alonso como representante, aquí estiveron esta mañá representantes dos concellos de A Capela, Cabanas e Pontedeume, e de Endesa, do Parque natural das Fragas, da federación galega de montaña, da policía local e protección civil, de bombeiros, garda civil, e emerxencias, tanto sanitarias como de intervención.

Nunha reunión aberta a ideas e alternativas plantexadas por todos, insistíuse na importancia de mellorar cando menos as comunicacións, e os accesos, pero tamén se falou de instalar postes con códigos e cordenadas que axuden á ubicación dos que precisen de axuda, así como a realización dunha cartografía específica con sinais e accesos para os corpos de seguridade.

Todas as partes representadas buscarán cordenarse para actuar en cadansúas competencias de cara a mellorar a capacidade de resposta diante dun incidente nesta zona, que xa de por si vai ter as eivas da orografía e probablemente das condicións climatolóxicas.