Tralo seu inicio o pasado mércores da man de varias proxeccións cinematográficas, as xornada sobre alcoholismo de Adiante vivirán mañá o seu gran día, da man do ciclo de conferencias que reunirán, na casa dopeso, a ducias de persoas.

De feito,o programa destas 28ªs xornadas, botará a andar ás 9.30 na Casa Dopeso, co acto de inauguración, ao que seguirá ás 10 a charla do Doutor Jesús Cartelle, que abordará os diferentes programas de atención, prevención e integración que existen na actualidade.

Ás 11.30 darase paso ás vivencias persoais de persoas adictas e familiares e ás 12.45 terá lugar a charla da psicóloga de Adiante, Belén Pardo, que abordará o uso e abuso do alcol e outras substancias adictivas.

Ás 2 da tarde está previsto que todos os participantes tomen parte nun xantar no Liceo Recreativo e artístico, e á tarde, dende as 5 celebrarase un taller emocional a cargo da coach Ainhoa Mallo ao que seguirá o obradoiro de ioga que impartirá o mestre Yago Pazos. Como é habitual, para rematar realizarase unha clausura oficial, marcada para as 7.30 da tarde.

O concello de As Pontes, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o servizo Galego de Sáude volven respaldar esta convocatoria que xa é todo un clásico na nosa vila, por estas datas.