As Pontes, 3 de xuño| O Concello de As Pontes realizará o vindeiro 20 de xuño o pagamento dos xuros de demora por expropiacións para o proxecto de construcción da autovía Ferrol – Vilalba, no treito que enlaza Espiñaredo co núcleo urbano de As Pontes.

O pagamento efectuarase polo pagador deste servizo na Casa do Concello en horario de 9.30 a 11:00h da mañá, tal e como apuntabamos, o día 20 do mes que vén, sendo necesario que os beneficiarios deste trámite acudan debidamente identificados mediante a documentación necesaria ou ben mediante os seus representantes, que tamén deberán achegarse debidamente documentados e autorizados.