As Pontes, 3 de xuño|O concello de As Pontes organizará unha nova edición da gala homenaxe Ás Nosas Mulleres, que festexerá a súa quinta edición o vindeiro 18 de xullo.

O acto, que volverá realizarse nas dependencias do auditorio municipal Alovi, servirá como homenaxe a 15 mulleres da nosa vila, a proposta das diferentes entidades veciñais pontesas, e como xa é habitual está previsto que se edite un libro coas súas historias e uns videos nos que se recolla a vida e obra de cada unha das homenaxeadas.

Así as cousas, para a impresión dun millar de exemplares do libro as nosas mulleres 2019 está previsto destinar unha partida de 8046 euros, o que tamén inclúe a edición dos carteis anunciadores do evento.

O segundo dos lotes que ven de saír a licitación comprende a cobertura fotográfica do evento e tamén unha reportaxe de cada homenaxeada, ademáis do correpondente cadro de cada unha das mulleres protagonistas, uns traballos aos que se destinarán 1019 euros e, o resto do presuposto destinaranse á organización do acto en sí, o que inclúe a elaboración dos vídeos das entrevistas, a contratación dun presentador, un monologuista, azafatas para o evento e ata un pianista; ademáis da contratación dun grupo musical, un técnico de imaxe e son e a elaboración dun vídeo resumo da gala e outro para proxectar ao longo do evento.

Todas as condicións deste contrato xa se poden consultar no apartado de licitacións da web municipal, e a presentación de ofertas pecharase o martes da vindeira semana.