Remata a volta a España en coche eléctrico

109

As Pontes, 13 de xuño| Onte rematou a volta a España en coche eléctrico que promoveu a empresa Endesa con saída de As Pontes o 24 do mes pasado.

Foron 2.000 kms percorridos dende que da central térmica da nosa vila partira esta iniciativa e cun conductor que foi un empregado desta factoría, Javier Paz.

Logo foron cambiando os vehículos e os pilotos ó longo das 19 autonomías polas que foi pasando esta volta que perseguía promover a mobilidade eléctrica.

Dando a coñecer as vantaxes desta alternativa á sociedade, pretendeuse promover o cambio a un modelo enerxético na conducción que leve ás cero emisións.

Esta volta a España en vehículo eléctrico, supuxo afrontar un percorrido no que, ao non empregar outro combustible, se deixaron de emitir 200 toneladas de CO2 á atmósfera.