As Pontes, 5 de xuño de 2020. O Concello de As Pontes abre mañá, 6 de xuño, o prazo para presentar as solicitudes para o proceso selectivo dun/ha traballador/a social para a coberturamdurante o permiso por maternidade, da titular así como durante os sucesivos supostos que se poidan derivar da mesa e elaboración dunha lista de persoas candidatas para a provisión interina de prazas de traballador/a social

As persoas aspirantes deben ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, estar en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de instancias a titulación de Diplomatura en Traballo Social ou do título de Grao en Traballo Social e estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: Celga 4 ou equivalente.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 09:00 a 14.00 horas, entre o 6 e o 15 de xuño, ambos incluídos, así como a través da sede electrónica municipal.

Máis información no BOP número 81, do 5 de xuño de 2020 e na ligazón