As Pontes, 5 de xuño de 2020. O Concello de As Pontes abre mañá, 6 de xuño, o prazo para presentar as solicitudes para a creación dunha lista de espera de auxiliar de axuda a domicilio, a través de concurso-oposición, para a cobertura de baixas médicas, vacacións, excedencias, permisos, e cobertura
de vacantes

As persoas aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: Ter nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea, ter máis de 16 anos, estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e equivalentes así como o Celga 3 e permiso de conducir B.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 09:00 a 14.00 horas, entre o 6 e o 15 de xuño, ambos incluídos, así como a través da sede electrónica municipal.

Máis información no BOP número 81, do 5 de xuño de 2020 e na ligazón