As Pontes, 4 de outubro| Un outono máis a Rondalla Vila das Pontes está a preparar o seu recital de outono, unha cita que sempre lograr atraer a ducias de espectadores, desexosos de desfrutar deste tipo de música e da mestría de formacións musicais que, en cada ocasión, asisten a este tipo de recitais.

Este mesmo sábado, dende as 19.30 horas, veciños e visitantes poderemos desfrutar dun concerto no que, ademáis da formación anfitriona, tamén teremos representación de Cedeira ou Ourense.

Sobre o escenario do auditorio municipal Alovi será posible escoitar á Rondalla de Cedeira e tamén á Asociación Cultural Rondalla Alfaia de Cenlle, duas grandes agrupacións rondallísticas, con gran experiencia e multitude de concertos ás súas costas en diferentes puntos da xeografía galega e nacional.

A elas sumarase a formación local. A Rondalla Vila das Pontes volverá contar co mestre Alfonso Delgado na dirección dun grupo no que ademáis de pezas musicais, tamén contaremos con temas acompañados polas voces dos integrantes do coro da rondalla.

A cita, ás 19.30 horas no Alovi e con entrada totalmente libre ata completar aforo.