As Pontes, 4 de outubro| Trala gran acollida, o pasado sábado da primeira edición do Slalom Vila das Pontes, para dentro duns días a nosa vila e o circuíto de karts volverán recibir cos brazos abertos unha nova proba automobilística.

Neste caso, os grandes vehículos de catro rodas, deixarán paso a outro tipo de corredores: os pilotos de karts que, os días 14 e 15 deste mes, tomarán parte no primeiro Karting As Pontes, puntuable para o campionato autonómico de rookies, alevín, cadete, X-30 e SuperX30.

Polo momento, o prazo de incrición mantense aberto polo que non hai cifras oficiais de participación, iso sí contarase cun elevado número de xiareiros deste deporte e que xa o pasado sábado, nalgún descanso do slalom podían probar o trazado pontés.

Un máximo de trinta pilotos poderán participar tanto nas sesións de adestramento coma nos percorridos puntuables.

Con respecto ao calendario desta intensa fin de semana, o sábado 14 está marcado coma xornada de adestramentos libres, dende as 11.00, ademáis de inscrición dos pilotos.

Xa o domingo 15 arrincará coas verificacións pertinentes dende as 9.00 da maña, para continuar cos adestramentos libres dende as 10.15 e ata as 11.30 horas.

Xa ás 11.45 desenvolveranse os adestramentos cronometrados para, ás 13.15, iniciar as semifinais. Dende as 14.45 horas desputaranse as diferentes finais das distintas categorías e, a continuación celebrarase a entrega de trofeos.

Ao igual que xa acontecía co slalom, os veciños e visitantes poderán desfrutar do espectáculo durante toda a fin de semana con tan só achegarse ata o circuíto de karts e situarse nalgún dos noiros que bordean estas instalacións deportivas.