[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A Concelleira de participación cidadá e tenente de alcalde, Montserrat García segue coas reunións cos diferentes asociacións veciñáis do municipio, e pasado mañá, xoves, tocaralle visitar ós de Bermui e Ribadeume.

Estes encontros enmárcase dentro dos contactos que dende o Concello veñen de retomar co movemento asociativo co obxectivo de non perder contacto coa realidade cotiá do municipio e, ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as necesidades e demandas do tecido veciñal.

Nas primeiras citas expuxéronse tamén as demandas de cada parroquia e barrio de cara a contemplar as súas aportacións para o vindeiros POS, pero a premura para a súa redacción fixo que se axilizase este trámite e xa todas remitiron previamente as súas demandas e suxerencias.

Actualmente estes contactos son abertos calquera tipo de inquedanza que queiran trasladar os veciños e veciñas e ofrecerlles a información que podan demandar dos servicios que dende o Goberno Local se pon ó seu dispor.[/fusion_text][/fullwidth]