[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A Asociación de Alcohólicos Adiante conmemorará un ano máis o día sen alcol e farao na liña do que ven sendo nestes últimos tempos a súa actividade. Tentar de facerse visibles con actos públicos e abertos.

Para este sábado organizaron unha cea baile na que, logo do éxito do xantar do ano pasado, esperan contar con máis dun cento de comensais. Vaise celebrar na carpa do Colexio Santa Mª, onde se degustarán churrasco, sobremesa, café e refrescos ou auga, nunha xuntanza que amosará que o alcol non é preciso para acompañar unha comida, e a festa posterior.

De feito van contar cunha actuación musical para amenizar o baile, e que correrá a cargo do Dúo Suso.

A nova directiva, que vai camiño do segundo ano dende que asumíu as rendas de Adiante segue a contar coa colaboura moi estreita da directiva saínte pero desenvolve una novo programa de actividades que vai seguir coa intención de facer visible á organización dando o maior carácter público ás súas actividades.

A participación está aberta a quen queira sumarse retirando os tickets ó prezo de 16 euros para adultos e 8 para nenos, idade que comprendería entre os 8 e os 12 anos.

O día sen alcol é unha efeméride instituida para a data do 15 de novembro, xornada na que Adiante entrará con esta festa prevista para a noite previa, a do sábado.[/fusion_text][/fullwidth]