RTVEume| O Concello de As Pontes vén de facer públicas, a través do Boletín Oficial da Provincia, as bases para a concesión de subvencións a entidades deportivas, sociais e asociacións de veciños para o ano 2.015 e tamén a convocatoria de subvencións para entidades culturais e medioambientais para o exercizo en curso. Para esta anualidade destinarase un orzamento superior aos 655.000 euros para que as distintas entidades podan continuar coa súa labor.

A finalidade da convocatoria é dar apoio a estas entidades e contribuír para que acaden os obxectivos que lle son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

Para as entidades deportivas son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento de actividades deportivas federadas, fomento do deporte de base e fomento do deporte escolar. Neste capítulo o orzamento destinado é de 425.100 euros.

En canto as subvencións as asociacións de veciños, as axudas destinaranse a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego, a execución de obras e equipamento de interese xeral no ámbito parroquial como poden ser a mellora dos locais soicais e outros de similar natureza, as actividades que fomenten a cultura tradicional local, promoción do folclore e tradicións populares, artesanía, música e teatro. O orzamento destinado á actividade xeral das asociacións veciñais ascende a 25.800 euros, mentras que para infraestructura e equipamento disporán dun orzamento total de 20.700 euros.

Por outra banda, o Concello destinará 68.000 euros a accións tendentes a impulsar actividades destinadas a persoas maiores, discapacitados, persoas con algunha adicción, para a insercción na sociedade de colectivos desfavorecidos e para o fomento da igualdade, por medio das entidades de carácter social.

Poderán optar a estes programas as entidades que estean legalmente constituídas, estean inscritas no rexistro de Asociacións de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Concello, carecer de fins de lucro, desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o Concello. Ademais tamén se require que as entidades solicitantes estean ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello, e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes. Tampouco se pode estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral do Concello, na sección de deportes, na sección de servizos sociais ou na sección de asociacións de veciños. Logo, unha vez cubertas presentaranse no rexistro xeral do Concello, tendo dez días de prazo contados a partir de hoxe, día 5 de maio de 2015.

En total, o Concello destinará ás subvencións a entidades deportivas, sociais e asociacións de veciños un orzamento de case 540.000 euros. Consulta as bases aquí.

No que respecta ás entidades culturais e medio ambientais, o executivo local destinará case 117.000 euros, dos case 9.625 terán como destino gastos en infraestructuras e equipamento e os 106.750 restantes destinaranse a actividades en xeral.

Ao igual que as subvencións para entidades deportivas ou veciñais, poderán beneficiarse deste paquete de axudas as entidades que estean legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia e no Rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que carezan de fins de lucro, que desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial do Concello ou sobre temas de interese para o Concello. Ademais é requisito fundamental que as asociacións estean ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello e nas súas obrigas legais co persoal que preste servizos para as entidades solicitantes. Consulta as bases aquí.

O prazo de presentación de solicitudes será o mesmo que no resto de convocatorias, é dicir, dez días dende hoxe mesmo. Asemade, para solventar calquer tipo de dúbida ao respecto, pódense consultar as bases destes dous grupos de axudas con tan só acceder á edición de onte do boletín oficial da provincia, no enderezo electrónico www.dicoruna.es.