As Pontes, 9 de maio|

Programa de Turismo do IMSERSO para a tempada 2017/2018

O prazo para formalizar as inscricións será:

  • 1ª fase: do 9 de maio ao 7 de xuño.

  • 2ª fase: do 8 de xuño ata o 26 de febreiro do 2018 (para cubrir posibles vacantes)

Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións.

  • Ser pensionistas de viudedade do Sistema Público de Pensións, cunha idade igual o superior a 55 anos.

  • Pensionistas de Incapacidade, outros pensionistas del Sistema Público de Pensións e prexubilados ou subsidios de desemprego, en todos estes casos con 60 anos cumpridos.

  • Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.

Considérase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.

En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

A participación no programa inclúe:

  • Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.

  • Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.

  • Póliza de seguros colectiva.

  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.

  • Programa de animación.

Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación.

Para mais información: www.imserso.es, Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 h.