As Pontes, 12 de setembro| As Pontes acollerá este mesmo sábado a primeira edición da concentración de vehículos clásicos Vila das Pontes, unha iniciativa organizada dende a Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón (ACTC), o Concello de As Pontes e a funeraria San Roquiño, coa que se busca impulsar As Pontes como enclave turístico.

Máis dun cento de vehículos procedentes de todos os puntos da xeografía galega participarán nesta convocatoria que terá como punto de partida a Canle IV, onde ás 10.00h, se darán cita os participantes. Alí, trala recepción dos mesmos, os vehículos permanecerán en exposición ata que ás 13.00h de comezo unha roita polas rúas máis céntricas da vila.

O percorrido terá como punto final o lago, xa que na propia praia quedará instalada unha carpa na que se servirá un xantar para os participantes e tamén haberá música, cunha sesión vermú para animar o mediodía.

Á tardiña regresarán as actividades, será dende as 17.00 horas, onde novamente na Canle IV se instalará un circuito para que os participantes poidan competir.

Non faltarán os premios, neste caso con recoñecemento ao vehículo máis antigo, o mellor restaurado, o que chegue dende máis lonxe, o máis orixinal e o máis votado; uns galardóns que se entregarán dende as 19.00 horas tamén na Canle IV.

O prazo de inscrición mantense aberto polo que o único requisito pasa por telefonar ao 666 47 10 10 ou ben ao 630 07 71 66. A inscrición é totalmente gratuíta e inclúe as actividades da xornada e tamén o xantar que se servirá aos participantes nas inmediacións do lago.