[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A administración provincial ten previsto dar luz verde a un paquete de melloras das estradas provinciais no que investirá case un millón de euros e do que, ademáis do noso Concello, está previsto que tamén se beneficien os municipios de Cariño e Cedeira.

No tocante ao Concello de As Pontes, aprobarase o proxecto de ensanche e pavimentación da DP – 1802 que une Veiga de Cabana e As Pontes, entre os puntos quilómetros 10,5 e 11,5, un tramo que na actualidade ten unha plataforma inferior aos 5 metros de ancho, que será ampliada a 6 metros. Coa execución deste tramo complétase a mellora do itinerario entre As Pontes e A Faeira, que é o treito de maior tráfico desta estrada provincial. Os terreos necesarios foron postos a disposición da Deputación polo Concello de As Pontes. O orzamento das obras ascende a 165.476 euros.

Asemade, na sesión que terá lugar ás 12 do mediodía, tamén recibirá luz verde o proxecto de pavimentación e mellora da DP – 2205 que comunica San Andrés de Teixido (Cedeira) con A Pedra (Cariño), un tramo de doce quilómetros que discorre polos termos municipais de Cariño e Cedeira e que serve de acceso a San Andrés de Teixido e á Garita da Herbeira, onde se atopan os acantilados máis altos da Europa continental. Estes traballos teñen un orzamento de 835.454 euros.

[/fusion_text][/fullwidth]