[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| A Coordinadora de ANPAS Abrente anima aos escolares ponteses a participar nunha nova edición do seu concurso de postais de Nadal, que neste 2015 cumpre catro anos.

Establécense seis categorías de participación. A primeira para os nenos e nenas máis pequenos, de 0 a 3 anos; a segunda para estudantes de 3 a 6 anos, é dicir, aqueles que estean cursando de 4º a 6º de Educación Infantil. Unha terceira categoría vai destinada aos rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Logo, irían os estudantes de 4º, 5º e 6º de Primaria e xa, finalmente, as dúas últimas categorías van dirixidas aos alumnos e alumnas de Secundaria e Bacharelato.

A técnica será libre pero en tamaño 13×18 cm. As bases tamén establecen que os nenos e nenas de Educación Infantil poderán realizar sós, coa axuda das súas familias ou de maneira colectiva, as súas postais de Nadal.

En todos os casos, na parte posterior de cada tarxeta figurará o nome, apelidos, curso e o colexio de cada alumno participante. O prazo para entregar as postais, nas ANPAS dos respectivos centros de ensino, finalizará o venres 4 de decembro.

Recibirán premios de 30, 20 e 10 euros os tres primeiros clasificados en cada categoría, e un vale de 20 euros máis para a postal gañadora do Certame, e que se escollerá entre as mellores de cada categoría.

Asemade, e co obxectivo de fomentar a escrita entre o alumnado, premiarase tamén o mellor texto para felicitar o Nadal. Os textos deberanse presentar separados da postal e, igualmente, na parte posterior figurará o nome do autor, os seus apelidos, o curso e o colexio no que estuda. Haberá un único premio de 30 euros canxeables por material escolar ou deportivo para o autor do mellor texto presentado.

Coa postal e texto gañadores a Coordinadora de ANPAS Abrente felicitará o Nadal a institucións e organismos, asociacións e entidades colaboradoras. Ademais, con todas as postais e textos que participen na IV edición do Concurso de Postais de Nadal farase unha exposición, que poderá ser visitada entre o xoves 17 de decembro e o sábado día 19, no mesmo horario no que estea aberta a Casa Dopeso. A entrega de premios desenvolverase na tarde do venres 18 de decembro ás cinco e media da tarde.

[/fusion_text][/fullwidth]