[one_full last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]

  • Os concelleiros de Industria e Emprego fixeron onte entrega dos cheques correspondentes ás liñas Impúlsate e Instálate e que servirán para botar unha man aos novos negocios que, durante este último ano, se puxeron en marcha en As Pontes

As Pontes, 28 de Novembro de 2015.-

As concellerías de Industria e Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), entregaron onte as axudas municipais correspondentes á primeira edición do programa As Pontes Emprende, dirixido a botar unha man a aqueles emprendedores que apostaron, neste último ano, por poñer en marcha un negocio no concello de As Pontes, e que contou cun orzamento de 60.000 euros.

Os edís responsables destes dous departamentos, Juan Carlos Romero e Ana Pena, foron os encargados de facer entrega destas achegas aos once emprendedores que, nestes últimos meses, puxeron en marcha un negocio no municipio e que abarcan sectores tan diferentes coma a hostalería, a beleza e estética, o comercio, os alimentos gurmet, a ensinanza de idiomas ou os estudos sociais.

Ámbolos dous concelleiros fixeron especial fincapé na valentía destes emprendedores por optar por un novo negocio nun momento económico complicado e puxeron a desposición destes empresarios os seus respectivos departamentos, para solventar calquer tipo de dúbida ou solicitar axuda ante calquera dificultade.

Asemade, o edil Juan Carlos Romero apuntaba a intención, dende a concellería que dirixe, de continuar na mesma liña de traballo, ofrecendo xa o vindeiro ano un novo paquete de axudas e apostando polos emprendedores e pequenas empresas, que manteñen centos de postos de traballo en As Pontes e son básicos para o sostemento da economía local.

Tamén Ana Pena se unía a este propòsito e facía referenza ao importante papel das mulleres nesta primeira convocatoria de axudas aos emprendedurismo xa que, segundo apunto a concelleira, dos once proxectos beneficiarios, nove teñen a unha muller á fronte, un dato do máis positivo ante as dificultades que, polo xeral, teñen as mulleres para acceder ao mercado laboral.

Romero e Pena compartiron tamén o desexo de que estes once negocios conten con moito éxito e se convirtan en iniciativas prósperas, que axuden a impulsar a economía pontesa.

Programa As Pontes Emprende

O programa As Pontes Emprende, posto en marcha dende o Concello o pasado mes de marzo, constou de dúas liñas de axuda: Impúlsate, dotada cun máximo de 2000 euros para gastos de alugueiro, e o Instálate con ata mil euros para a adquisición de material, mobiliario ou obras de mellora do local en cuestión. Dúas liñas de axuda compatibles e das que se beneficiaron os establecementos que participaron, ata o pasado mes de setembro, na solicitude deste paquete de achegas a fondo perdido para as que o goberno municipal destinou un total de 60.000 euros.

No tocante aos sectores, no ramo da hostalería, lograron estas axudas o Bar Zodiako, o Mesón Mercado Vello, Cotio S.C e Bar Porche. Con respecto ao comercio, tamén se fixeron cunha axuda deste programa as tendas de confección Bistt e El Baul. No sector da ensinanza, a academia You can school tamén se acolleu a estas axudas e no ámbito da beleza e perfumería resultaron beneficiados os negocios Estética e SBC Perfumería.

[/fusion_text][/one_full][fusion_code]PGEgZGF0YS1mbGlja3ItZW1iZWQ9InRydWUiIGRhdGEtaGVhZGVyPSJ0cnVlIiBkYXRhLWZvb3Rlcj0idHJ1ZSIgIGhyZWY9Imh0dHBzOi8vd3d3LmZsaWNrci5jb20vcGhvdG9zL2NvbmNlbGxvZGVhc3BvbnRlcy9hbGJ1bXMvNzIxNTc2NjEwNzAwMzc5MjkiIHRpdGxlPSJBc1BvbnRlcyBFbXByZW5kZSI+PGltZyBzcmM9Imh0dHBzOi8vZmFybTYuc3RhdGljZmxpY2tyLmNvbS81NjU5LzIzMjY0ODM2MDQyXzE4ZTEyOWNlMzRfYi5qcGciIHdpZHRoPSIxMDI0IiBoZWlnaHQ9IjY4MyIgYWx0PSJBc1BvbnRlcyBFbXByZW5kZSI+PC9hPjxzY3JpcHQgYXN5bmMgc3JjPSIvL2VtYmVkci5mbGlja3IuY29tL2Fzc2V0cy9jbGllbnQtY29kZS5qcyIgY2hhcnNldD0idXRmLTgiPjwvc2NyaXB0Pg==[/fusion_code]