As Pontes, 18 de xaneiro| O próximo sábado, 10 de febreiro celebrarase na ECOescola das Campeiras un obradoiro de Entroido.

Realizaranse actividades con material de refugallo e/ou materiais que podemos atopar no noso día a día. O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos e terá unha duración de 3 horas. Crearemos os complementos necesarios para elaborar o noso propio disfrace de indias/os. Para facer a inscrición ou para recibir información adicional podes chamar ao 673 240 434 ou escribir a [email protected]