As Pontes, 19 de xaneiro|A imaxinación dos nenos e nenas non ten fronteiras: dentro de cada un deles hai un emprendedor nato capaz de desenvolver unha idea e poñela en funcionamento.
O noso obxectivo é proporcionar as ferramentas necesarias para espertar ese espírito emprendedor e potenciar o seu talento. A través do xogo, potenciamos as competencias que ten todo emprendedor de éxito: creatividade, sociabilidade, capacidade de aprendizaxe, paixón e perseveranza. Ademais, os alumnos traballarán conceptos sobre economía e finanzas que lles axudarán a descubrir aspectos da súa vida cotiá:
• Gastos e ingresos
• Conta bancaria
• Préstamo
• Consumo responsable e sostible
• Aforro
O Concello das Pontes propón a seguinte actividade totalmente gratuíta para nenos/as de primaria e secundaria.
A actividade realizarase todos os martes na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco. Dando comezo o 6 de febreiro ata o 29 de maio. Horario de 17h a 18h para primaria e 18h a 19h para secundaria.
Inscrición aberta do 22 ao 31 de xaneiro no IPPEC na Casa do Concello.
Descargar información: DESCARGAR