As Pontes, 17 de xaneiro| O pleno do concello deu hoxe luz verde á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias muincipais do Poboado das Veigas.

En sesión extraordinaria, este primeiro paso para o inicio das obras de reurbanización deste barrio e a posterior cesión ao concello, recibía o respaldo do partido socialista, namentras que os tres grupos da oposición PP, XUNTOS E BNG optaron pola abstención.

O edil de Urbanismo foi o encargado de dar conta do complexo proceso desenvolvido para chegar a esta fase e que forma parte do convenio asinado con endesa para que o concello se faga coa xestión do poboado e das súas infraestrucutaras viarias, deportivas ou de servizos que alí se atopan. Un proceso de gran interese xeral que, segundo Antonio Alonso, permitirá integrar no tecido urbano o poboado das Veigas para que os seus veciños conten con servizos públicos nas mesmas condicións que o resto de ponteses, e que isto non supuxa custe algún para as arcas municipais.

As Pontes aínda conta cunhas normas subsidiarias datadas en 1985 de ahí a necesidade de poñer en marcha esta modificación que, ademáis permitirá a transformación das parcelas en solares para a súa posterior venda aos seus inquilinos actuais.

O grupo de gobierno califica este proxecto coma moi beneficioso para o municipio ao supoñer un importante fluxo económico, debido ás importantes obras que vai xerar, orzamentadas en case 5 millóns de euros, e ás que haberá que sumar os traballos que cada veciño desexe realizar no seu respectivo fogar unha vez sexa propietario do mesmo. A isto haille que sumar os bens que pasarán a ser públicos coma os campos de fútbol e tenis, o conservatorio, o lar de endesa, as zonas verdes ou os espazos viarios e que, unha vez amañados, pasarán a ser xestionados polo Concello.

O documento aprobado hoxe estará a exposición pública ao longo de dous meses polo que aínda non é definitivo. Finalmente será a solución para os veciños das Veigas, con custe cero para as arcas municipais, todo o contrario que o que acontecía coa cesión do resto de poboados que, por non asinar un convenio urbanístico, xa xeraron máis de 5 millóns de euros en gastos de reurbanización que tivo que asumir o goberno municipal nestes últimos años.