As Pontes, 19 de xullo de 2019.   O Concello das Pontes aprobou hoxe, en sesión plenaria  a composición da nova organización municipal para os vindeiros catro anos. 

Así, o pleno municipal fixou o a periodicidade das sesións ordinarias, que se celebrarán cada dous meses, o primeiro mércores de cada mes pero cun troco no horario, pasando das 11.00 ás 9.30 horas.

No tocante ao reparto de áreas de goberno, contarase novamente con cinco grandes áreas. Así, Antonio Alonso Román levará a carteira de Urbanismo e Coordinación de Goberno; Ana María Pena Purriños será concelleira delegada da área de Recursos Humanos, Industria e Emprego; Vicente Roca Uceira encargarase da área de Cultura e Contratación; Tania Pardo Cabarcos dirixirá a área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude e Jesús Tembrás Martínez será o responsable da área de Deportes.

Antonio Castro Ferreiro volverá ocupar a delegación especial de Medio Rural; Francisco Franco López ocupará o cargo de concelleiro – delegado de Obras Municipais: Elena López Seco levará a delegación especial de Turismo, Consumo, Hostalería e Comercio; María Rosario Méndez Gil ocupará a carteira de Organización Económica; Lorena Tenreiro farase cargo da delegación especial de Organización Interna e Medios Locais e José Ramón Alonso Martínez será o concelleiro delegado de Seguridade Cidadá e Servizos.

Durante a sesión tamén se designaron aos voceiros dos diferentes grupos políticos. Así polo Bng repite a edil Silvia Pardo, no Partido Socialista estréase Lorena Tenreiro, e no grupo mixto, integrado por Partido Popular e Xuntos por As Pontes en Común, será o popular Javier Acosta o principal voceiro, sendo segundo Xosé Manuel Ribeira.

Por outra banda, tamén se nomearon aos tenentes de alcalde e que serán, por orde, Antonio Alonso Román, Ana María Pena Purriños, Vicente Roca Uceira, Tania Pardo Cabarcos e Jesús Tembrás Martínez, e as composicións da xunta de goberno local, das comisións informativas e os representantes do concello das Pontes nos diferentes órganos colexiados.

Asemade, tamén recibía luz verde a asignación económica que percibirán os membros da corporacion municipal xunto coas retribucións dos grupos políticos por asistencia a plenos ou comisións de traballo; e nomeouse un cargo de adscrición á alcaldía, con adicación absoluta, que se encargará de tarefas administrativas e vencelladas ao departamento de Obras.