As Pontes, 10 de xullo de 2021. O grupo de traballo por unha transición xusta reclama á Xunta de Galicia a convocatoria, de inmediato, da reunión solicitada, o pasado 15 de xuño, para abordar a situación de incerteza na que se atopan as plantillas das empresas auxiliares e ante a urxencia de tratar sobre a continuidade do emprego.

Asemade, desde o grupo local de traballo, no que están representados o Concello das Pontes, CC.OO, CIG, UGT,o comité de empresa de Endesa, Cohempo, Seara e a Asociación de Transportistas do Carbón, denuncian a absoluta indiferencia que están a sufrir os colectivos de traballadores vencellados á central térmica, por parte da Administración Autonómica e subliñan a importancia de coordinarse Endesa, Xunta e Ministerio de Transición Ecolóxica na procura de solucións que condiciona o futuro de moitas familias da vila e da comarca.