[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

O Concello invita a todos/as os/as veciños/as do noso municipio a colaborar coa ONG Alhambra Internacional, de axuda ás persoas refuxiadas, e que na nosa comarca está a coordinar co Parque de Bombeiros Ferrol

 Pódese participar nesta campaña humanitaria doando:

  1. Productos de hixiene persoal como: cepillos e pasta de dentes, maquinillas e crema de afeitar, compresas, xampú antipiollos, xel, papel hixiénico, esponxas, toallas ou desodorantes.                                                            
  2. Productos de hixiene infantil como: cueiros, toallitas, cremas para irritación, e todo o que se considere necesario para un bebé ou neno.
  3. Asemade, tamén se recollen alimentos infantís como potitos, galletas, cereais, biberóns, leite en po, e comida non perecederia para os adultos.

 

A ONG Alhambra Internacional alerta tamén da necesidade de mantas, sacos de durmir, tendas de campaña, tiritas e apósitos, betadine, muletas, bastóns, cadeiras de rodas, entre outros artigos de primeira necesidade.

A recollida de material para os refuxiados sirios farase no Departamento de Servizos Sociais do Concello ata o martes día 5 de abril.

[/fusion_text][/fullwidth]