[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| O Concello de As Pontes non podía faltar hoxe á conmemoración do Día Internacional da Loita contra a violencia contra a Muller. Un 25 de novembro máis que pretende servir para darlle unha maior visibilidade a esta problemática e que, no que vai de ano, xa se cobrou 48 vítimas, 6 delas en Galicia. 48 mulleres que polo simple feito de selo perderon a vida a man das súas parellas ou exparellas.

A corporación pontesa volvía aunar esforzos nun manifesto conxunto ao que hoxe daba lectura a concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, xunto con compañeiros de partido e dos grupos da oposición, presentaba un texto no que Partido Socialista, BNG, Xuntos por As Pontes e Partido Popular reclamaron un maior traballo social, no ámbito da educación e no terreo lexislativo para erradicar esta lacra do século XXI.

Asemade, tamén se daba lectura a diferentes frases de Ban ki Moon, Kofi Annan ou Eli Wilsen, en relación a esta problemática, textos que poidemos escoitar nas voces de concelleiros coma Silvia Pardo, Manuel Escourido, Alberto Pellón, Ana Pena, Montserrat García ou a secretaria do Concello, Marina Núñez.

Ademáis deste manifesto, o Concello loce xa unha pancarta conmemorativa deste día ao que se suman diferentes actividades que están a implicar a veciños e veciñas de todas as idades. De feito, hoxe mesmo arrincaba a gravación da historia Amor Imposible, dos alumnos de sexto de primaria da Magdalena, gañadores do certame escolar de microrrelatos “E decatouse de que os celos non son amor”, un vídeo que se presentará ao público o vindeiro 10 de decembro.

E ao igual que acontecía o pasado ano coa flashmob rompiendo las cadenas, neste 2015 tamén se apostou polo baile, neste caso mediante a coreografía do tema Manos al Aire, de Nelly Furtado, incluída na campaña da ONU «Pinta tu mundo de naranja. Deja tu huella».

Laura Estefanía Fernández e Iria Rey foron as encargadas de deseñar este sinxelo baile que podemos ver non só a través da televisión local, senón no espazo de facebook As Pontes en Igualdade, e deste xeito aprendernos uns sinxelos pasos que ponteses e pontesas poderemos realizar conxuntamente o vindeiro 5 de decembro, ás 11.30 da mañá nos Xardíns do Campo da Feira, coa fin de poñer o noso gran de area en contra da violencia machista.

Pica na foto para ver a galería:[/fusion_text][fusion_code]PGEgZGF0YS1mbGlja3ItZW1iZWQ9InRydWUiIGRhdGEtaGVhZGVyPSJ0cnVlIiBkYXRhLWZvb3Rlcj0idHJ1ZSIgIGhyZWY9Imh0dHBzOi8vd3d3LmZsaWNrci5jb20vcGhvdG9zL2NvbmNlbGxvZGVhc3BvbnRlcy9hbGJ1bXMvNzIxNTc2NTkzMTMwOTY2MDQiIHRpdGxlPSIyNSBkZSBub3ZpZW1icmUgRMOtYSBJbnRlcm5hY2lvbmFsIGNvbnRyYSBsYSBWaW9sZW5jaWEgZGUgR8OpbmVybyI+PGltZyBzcmM9Imh0dHBzOi8vZmFybTYuc3RhdGljZmxpY2tyLmNvbS81ODE1LzIzMTkxOTQ3OTIyX2QwZmJjMjk4NDZfYy5qcGciIHdpZHRoPSI4MDAiIGhlaWdodD0iNTM0IiBhbHQ9IjI1IGRlIG5vdmllbWJyZSBEw61hIEludGVybmFjaW9uYWwgY29udHJhIGxhIFZpb2xlbmNpYSBkZSBHw6luZXJvIj48L2E+PHNjcmlwdCBhc3luYyBzcmM9Ii8vZW1iZWRyLmZsaWNrci5jb20vYXNzZXRzL2NsaWVudC1jb2RlLmpzIiBjaGFyc2V0PSJ1dGYtOCI+PC9zY3JpcHQ+[/fusion_code][/fullwidth]