As Pontes, 14 de xaneiro de 2020. O Concello das Pontes ofreceu, está mañá, unha recepción oficial á seleción xaponesa de fútbols sala, que se atopa de xira pola comarca de Ferrolterra para preparar a Copa de Asia.

O tenente de alcalde, Antonio Alonso, que exerceu de anfitrión xunto co edil de Deportes, Chicho Tembrás, descatou que para “o Concello das Pontes é unha honra contar coa presenza da selección nipona. Trátase dun momento histórico e esperamos que esta visita sexa fructífera para eles e que o partido amizoso que os enforntará ao Esteo F.S. sexa proveitoso para todos”

Alonso tamén quixo agradecer ao clube local de fútbol sala o seu traballo, “facendo posible que os veciños e veciñas das Pontes poidan disfrutar do mellor do deporte internacional”

Pola súa banda o seleccionador nipón, o ferrolán Bruno García, agradeceu ao Concello e ao Esteo o seu compromiso co fútbol sala, subliñando que “cando xurdiu a oportunidade de disputar un partido amizoso en As Pontes, contra o Esteo F.S, como seleccionador sentín orgullo de poder axudar a un equipo que está crecendo cada tempada e facendo un moi boi traballo, tanto a nivel deportivo como de xestión”.

O representante do clube local, Juan Martínez, agradeceu ao Concello e á selección nipona a súa colaboración e invitou aos veciñas e veciñas das Pontes a asistir ao encontro amizoso entre o combinado de Xapón e o Esteo F.S que se desputará, a partir das 20:15 horas no Pavillón Polideportivo Municipal.