As Pontes, 22 de decembro de 2022O Concello das Pontes destinará 33.500 euros ás achegas destinadas ás entidades veciñais do municipio para o ano 2022.

Estas subvencións están dirixidas ás entidades veciñais, en ánimo de lucro, inscritas no rexistro de asocacións do Concello das Pontes e que desenvolan as súas actividades no ámbito territorial do concello ou sobre temas de interés para o municipio das Pontes.

Mediante estas achegas, o Concello das Pontes busca dar apoio ás entidades veciñais, contribuir a que acaden os seus obxectivos, fomentando a participación cidadá e contribuíndo a impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego, a promover a execución de obras e equipamento de interese xeral no ámbito parroquial así como a posta en marcha de actividades que fomenten a cultura tradicional local (promoción del folclore e tradicións populares, artesanía, música, teatro)

A través destas achegas as entidades solicitantes poderán cubrir os gastos derivados das actividades que leven a cabo durante o ano 2022. Así, serán subvencionales os gastos derivados da organización e realización das actividades; o material funxible non inventariable relacionado directamente con ditas actividades, seguros de responsabilidade civil e accidentes, retribucións a persoal técnico e de monitores/as, os gastos correspondentes a voluntarios/as ou monitores/as que colaboren coa entidade ou asociación impartindo algunha actividade, curso, etc, de forma esporádica, dereitos de arbitraxe, conferenciantes, entre outros.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria, sendo a data límite o 31 de decembro

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP número 239, do 20 de decembro de 2022 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes

BASES: VER