As Pontes, 23 de xuño| Esta tarde celebrarase unha reunión na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para tratar o tema do peche do CPI Monte Caxado.

Reuniranse co conselleiro de Educación, o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, a primeira tenente alcalde, Montserrat García e os representantes das ANPAS dos colexios afectados.

O obxectivo desta reunión é abrir unha vía de diálogo e negociación para que se reformule o peche dun centro educativo que afecta a 262 alumnos do noso municipio.

Este xoves a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia comunicaba por sorpresa o peche do CPI Monte Caxado seguindo criterios de carácter pedagóxico, demográficos, xeográficos e de xestión responsable dos recursos.