As Pontes, 14 de novembro de 2018. O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, recibiu está mañá, no edificio consistorial, a visita dos alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria do CEIP A Magdalena.

Tras realizar un percorrido polas dependencias municipais e coñecer máis de preto o seu funcionamento, os nenos e nenas accederon ó salón de plenos, onde González Formoso, explicoulles o desenvolvemento da sesión plenaria, amosándolles o modo no que se debaten e someten a votación cada unha das propostas expostas polos grupos políticos municipais.

Ó finalizar á visita, o alcalde agradeceulles a visita e invitounos a sumarse a participar na vida pública do pobo cando vaian medrando, para así poder colaborar, de forma directa, no futuro de As Pontes.