[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| PONTE NO MEU LUGAR.-Este xoves, como cada 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade. Calcúlase que mil millóns de persoas no mundo viven con discapacidade e enfróntanse a moitas barreiras para que se lles inclúa en aspectos sociais clave.

Con motivo de facer visible esta realidade, dende a Asociación A Xanela, en colaboración co Concello de As Pontes estase a desenvolver en todos os colexios de Primaria da vila a actividade denominada Ponte no meu lugar.

Onte eran os escolares do colexio A Fraga os que participaban deste programa de concienciación, e hoxe eran os alumnos do colexio A Magdalena os que se sumaban a esta proposta de actividades de sensibilización, coa que se pretende achegar aos pequenos e pequenas estudantes á realidade das persoas con diversidade funcional.

E como o título indica o que se fixo foi poñer aos estudantes na pel destas persoas. Primeiramente, no pavillon do centro levouse a cabo unha gymkhana de obstáculos pero en cadeira de rodas, e cun circuito no que os alumnos e alumnas atoparon diversas barreiras que lles dificultaron o paso.

Houbo tamén unha gymkhana específica para a concienciación da discapacidade sensorial, unha actividade guía-cego, e outra de lectura labial. Actividades pensadas para que os pequenos e pequenas teñan unha visión precisa do que lles ocorre ás persoas con diversidade funcional.

Co desenvolvemento deste programa que conta coa participación de especialistas e usuarios da Xanela, os estudantes poden reflexionar sobre temas como as barreiras físicas, sociais, de comunicación, á inclusión escolar e social, así como as diferentes maneiras de colaboración coas persoas con discapacidade para favorecer a igualdade de oportunidades. A concelleira de Benestar Social, Isabel Fornos, seguiu durante a mañá o desenvolvemento do programa.

“Ponte no Meu lugar” continuará mañá cos alumnos e alumnas do colexio Santa María como protagonistas, e finalmente o xoves día 3, Día Internacional das persoas con discapacidade, A Xanela e a concellería de Benestar Social estarán no colexio Monte Caxado.

 

[/fusion_text][/fullwidth]