As Pontes, 17 de outono| O día 24 comezará “Iniciación á informática e Internet”. Este curso está dirixido ás persoas que tiveron moi pouco ou ningún contacto co mundo da informática. Comezaremos dende cero vendo como manexar ó ordenador. Seguiremos cunha introdución á navegación web e o correo electrónico.
Contidos:
• Qué é a informática. Usos dos ordenadores.
• Uso de teclado e rato
• Internet. Navegador.
• Buscar información na rede. Google.
• Páxinas e servizos de interés na rede.
• Manexo de arquivos e cartafoles
• Uso básico do correo electrónico
Iniciación á informática e Internet
- Horario 16 a 18
- Periodicidade Luns, martes e xoves
- Duración do 24 de outubro ó 17 de novembro
Tamén o día 24 comezaremos un novo curso de “uso teléfonos móbiles”. Este actividade, orientada a persoas maiores, ten como obxectivo achegar a este colectivo o funcionamento dos novos teléfonos móbiles, coñecidos como “Smartphones”. Abordaremos aspectos básicos como gardar contactos na axenda, poñer alarmas, manexo de Whatsapp ou uso da cámara de fotos. “Aprende a usar o teu teléfono móbil” terá unha duración de seis días, de luns a venres de 10:00 a 12:00.
Contidos:
• Qué é un smartphone. Tipos.
• Axustes básicos.
• Reloxo, alarmas e aplicacións predefinidas.
• Whatsapp
• Google Play e información na rede.
Uso dos teléfonos móbiles
- Horario 10:00 a 12:00
- Periodicidade Luns a venres
- Duración do 24 ó 31 de outubro
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.