As Pontes, 13 de setembro de 2018. O Concello de As Pontes, a través da Concellería de Deportes e Mocidade, organiza un novo curso de iniciación á hípica en colaboración co centro hípico deportivo de Aparral.

A actividade está dirixida ós estudantes dos centros educativos do Concello de As Pontes, con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos e ten como obxectivo prioritario achegar ás rapazas e rapaces ó mundo do cabalo e promover a práctica deportiva e a actividade física entre os máis novos da vila.

As clases impartiranse desde o 25 de setembro ata 30 de novembro, de martes a venres, en horario de 17h a 18h. O curso de iniciación á hípica é gratuíto e hai 40 prazas dispoñibles polo que é preciso inscribirse na actividade ben chamando ó 619 342 246 ou enviando un correo electrónico a [email protected], indicando o nome e apelidos, o centro educativo no que cursan os estudos e teléfono de contacto.

O prazo para inscribirse (en horario comercial) comeza o vernes, 14 de setembro, ás 10:00 horas e remata o xoves, 20 de setembro ás 19:00 horas. Desde o Concello remarcan que hai 40 prazas dispoñibles e a partir dese número, as inscricións pasarán a formar parte da listaxe de suplentes para cubrir as baixas e/ou renuncias.

A Listaxe de persoas admitidas publicarase nas redes sociais do Club Hípico.