ORDE do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021. Non obstante o anterior, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, serán obxecto
de seguimento e avaliación continua.
??????????????? ?? ??? ?? ??́??????
1. A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
2. No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, ou alimentos e bebidas, na vía pública ou en espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo.
3. Na prestación de asistencia ou axuda no fogar a persoas dependentes, será obrigatorio o uso de máscara tanto por parte do persoal prestador do servizo coma por parte das persoas dependentes e daquelas que se atopen no seu domicilio.
???????? ? ????????
1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas cun límite máximo, en cada momento, de 5 persoas por túmulo, agás conviventes, e 15 persoas no exterior.
2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de quince persoas non conviventes, entre familiares e achegados.
?????????? ???????? ? ?????? ??????????́?? ?????????? ?? ????́?.
Deberán respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación ao lugar onde se desenvolvan. Ás celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia só poderán acudir as persoas conviventes.
??????????????? ??????????
1. Os establecementos e locais comerciais retallistas abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais pecharán ás 18.00 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
2. Exceptúanse as seguintes actividades comerciais, que poderán pechar ás 21.30 horas
a) Comercio polo miúdo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
b) Comercio polo miúdo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.
c) Comercio polo miúdo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.
d) Comercio polo miúdo de peixes e mariscos en establecementos especializados.
e) Comercio polo miúdo de pan e produtos de panadería, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
f) Comercio polo miúdo de bebidas en establecementos especializados.
g) Outro comercio polo miúdo de produtos alimenticios en establecementos especializados.
h) Comercio polo miúdo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
i) Comercio polo miúdo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.
j) Comercio polo miúdo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados.
k) Comercio polo miúdo de alimentos para animais de compañía en establecementos especializados.
???????? ?? ???? ?????
Non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados. O concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles por parte dos consumidores
??????????? ?? ?????????, ??????????? ? ??????? ???????? ?? ?????? ??? ??????? ? ??????? ?? ????????́?.
As clases poderán impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.
??????????????? ??????????
Estes establecementos poderán manter a súa actividade para clientes que se teñan desprazado por motivos xustificados e a ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.
?????????? ??????́????
Está permitida en todas as súas modalidades sempre que se
realice con carácter individual ou con persoas conviventes.
????? ??????? ? ????́????, ????????? ? ??????????
Está permitida en todas as súas modalidades, sempre que se realice con carácter individual ou con persoas conviventes.
??????? ? ????? ?????????? ?? ??? ??́????? ?? ???? ?????
Poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
????? ? ??????́?? ????????, ??????????????, ?????́????? ?? ????????????
1. Poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se
recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.
2. Non se poderá superar o30% da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
?????????? ????????? ? ??????????́?? ?????????? ????????? ? ?? ???? ?????????????.
1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
??????? ????????? ???? ???????????? ???????????
1. Adóptase a medida de peche temporal das seguintes actividades
Espectáculos cinematográficos.
Espectáculos teatrais e musicais.
Espectáculos taurinos.
Espectáculos circenses.
Espectáculos deportivos.
Espectáculos feirais e de exhibición.
Espectáculos pirotécnicos.
Actividades culturais e sociais.
Actividades deportivas.
Actividades de lecer e entretemento.
Actividades de restauración.
Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
Establecementos de espectáculos públicos.
Cines.
Teatros.
Auditorios.
Circos.
Prazas de touros.
Establecementos de espectáculos deportivos.
Recintos feirais.
Establecementos de xogo.
Casinos.
Salas de bingo.
Salóns de xogo.
Tendas de apostas.
Establecementos para actividades deportivas.
Estadios deportivos.
Pavillóns deportivos.
Recintos deportivos.
Pistas de patinaxe.
Ximnasios.
Piscinas de competición.
Piscinas recreativas de uso colectivo
??????́? ?????????? ??????? ?? ??????????́?? ?????????? ?? ??? ?? ???????? ????????????? ?? ??????????́?? ?? ?́????? ???????
Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
Establecementos de lecer e entretemento.
Salas de festas.
Discotecas.
Pubs.
Cafés-espectáculo.
Furanchos.
Centros de lecer infantil.
2. Suspendese a actividade lectiva presencial Nos seguintes centros educativos de réxime especial:
Escolas oficiais de idiomas.
Escolas de arte e superior de deseño.
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Escola Superior de Arte Dramática
Conservatorios de música.
Conservatorios de danza.
Escolas de música.
Escolas de danza.
Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizadosde fútbol sala.
Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan
abertos e que limiten a súa actividade aoalumnado dos ditos centros docentes.
Escolas de música privadas e escolas de danza privada.
3. A actividade docente nas ensinanzas universitarias correspondente ao segundo cuadrimestre comezará, nas tres universidades públicas galegas, o luns 8 de febreiro. A docencia restablecerase exclusivamente en modalidade non presencial
4. Suspéndese a actividade ao público dos centros de interpretación e visitantes, das aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos.
5. Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs
de xubilados e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.
DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021.
Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.

No territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso
privado quedará condicionada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, a asistencia a lugares de culto non poderá superar o terzo da súa capacidade e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. A capacidade máxima
deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto
Durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:
a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
d) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
e) Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.
f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
i) Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
Quedan exceptuadas das limitacións á entrada e saída de persoas dos ámbitos territoriais así como das restricións á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos as accións de caza colectiva que se realicen exclusivamente sobre as especies cinexéticas do xabaril e do lobo.