As Pontes, 25 de febreiro de 2020. Publicado o DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria e a ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas medidas terán efecto a partir das 00.00 horas do día 26 de febreiro de 2021

1. . Quedan restrinxidas a entrada e saída de persoas do ámbito territorial conformado polos concellos da área sanitaria de Ferrol: Cedeira, Ferrol, Narón, Neda, As Pontes, San Sadurniño, Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cerdido, Fene, Mañón, Monfero, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume, As Somozas , Valdoviño.
2. A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
3. Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, durante o cal soamente se poderá circular polas vías e polos espazos públicos para a realización de determinadas actividades.
4. A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
5. No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, ou alimentos e bebidas, na vía pública ou en espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que a persoa o efectúe parada e fóra dos lugares habituais de circulación dos viandantes
6. Na prestación de asistencia ou axuda no fogar a persoas dependentes, será obrigatorio o uso de máscara tanto por parte do persoal prestador do servizo coma por parte das persoas dependentes e daquelas que se atopen no seu domicilio.
7. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas cun límite máximo, en cada momento, de 5 persoas por túmulo, agás conviventes, e 15 persoas no exterior.
8. As cerimonias nupciais e demais celebracións relixiosas ou civís deberán respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación ao lugar onde se desenvolvan.
9. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. Os ditos establecementos e locais pecharán ás 21.30 horas, agás que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior
10. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados. O concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados.
11. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.
12. Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se axusten ás limitacións de grupos de persoas aplicables no respectivo concello.
13. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados.
14. A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionai poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible. Non se poderá superar o trinta por cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
15. A realización da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e sempre con máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de catro persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.
Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida.
Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.
16. Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o trinta por cento da capacidade máxima permitida.
Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata catro persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía.
17. A celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao aire
libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado.
18. Os establecementos de hostalería poderán prestar unicamente servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio e, así mesmo, de terraza co cincuenta por centro (50 %) da capacidade máxima permitida.
O horario de peche ao publico será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.
19. A actividade docente nas ensinanzas universitarias restablecerase en modalidade presencial a partir das 00.00 horas do día 1 de marzo.
20. Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubes de xubilados e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.