[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 9 de maio 2016| As Pontes converteuse na xornada do sábado na capital da moda de toda a comarca da man dunha nova edición do Móvete por As Pontes. Terceiro ano xa que dende o Concello, mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica, decídese apostar por adicar unha xornada a todo o que ten que ofertar o comercio, a hostalería e o sector servizos pontés a unha poboación que pode atopar, sen abandoar o seu municipio, todo tipo de artigos e servizos e por riba a un prezo do máis atractivo e cunha atención exquisita.

A chuvia non se quixo perder este acontecemento e, de feito, finalmente, houbo que trasladar o desfile principal da xornada a unha carpa no patio do colexio de Santa María que, aínda así, non lle quitou nin un ápice de glamour a esta xornada e que tamén arrincaba con glamour, neste caso cun mini no que a presentadora Sara Serantes chegaba como anfitriona desta festa e que se encargaron de inaugurar os locais de hostalería e servizos cun pequeno desfile baseado na temática deste ano: a época hippie.

La Capilla, Trastoy 3, Mesón de Pepe, Cova dos Tranos, Amaños ou a fotógrafa Carmen Guerreiro subíronse á pasarela ataviados para a ocasión e para romper o xeo, animando ao público con disfraces, selfies e bailes do máis entretidos.

Tendas de roupa, complementos, material deportivo, calzado, productos ópticos e ata de accesorios para as nosas mascotas tamén se subiron á pasarela instalada para a ocasión. Así veciños e veciñas puideron desfrutar das últimas tendencias na moda primavera verán para todas as idades e que presentaron Kaye, Urbo, VL, Bistt ou Niza; a mellor roupa deportiva de Lekar 712 e Galiorient; dos bolsos e accesorios máis chamativos de Dekologas, Musa de Dalí ou 6TH Avenue e do calzado máis cómodo e actual de Zokos, Saavedra ou Azalea.

Tampouco faltaron outros habituais desta convocatoria coma o espazo infantil Picariños, as ópticas Carmela, Cortizas, a tenda de perfumes e teas Maxdream, a florería Ledicia e por suposto os salóns de peiteado da nosa vila como Marcos e Sara ou Rosa Bouza que fixeron as delicias do público presente.

Veciños de todas as idades, deportistas locais e ata os propios comerciantes perderon a vergoña á hora de subirse a un escenario no que tamén compartiron espazo cos particulares modelos da asociación Pegadas solidarias e é que Doc, Rayo, Trueno e Dylan non se podían perder este desfile.

Ao longo deste evento non faltaron tampouco o reparto de agasallos entre o público e ata algunha que outra actuación musical da man de varias monitoras de aerobic e ata dos pequenos do espazo infantil Picariños.

Tras algo máis de dúas horas, a edil de comercio, Ana Pena, poñía o punto e a parte a esta festa da moda que, tal e como subliñou a concelleira, non sería posible sen o gran traballo dos 61 establecementos implicados.

E tralo desfile, a festa trasladábase aos diferentes comercios, bares e locais participantes deste Móvete. E é que, ao longo da noite, moitos foron os que se achegaron ata Niza para desfrutar da maxia dos campións galegos de bailes de salón Icíar e Alberto, os que pasaron por Dekologas tomar unha copa e compartir instantánea cos actores Mariana Expósito e Miguel Ángel Blanco da serie Serramoura ou os que non se quixeron perder a festa hippie de Optica Carmela, La Capilla, Grafigal, nexo e Trastoy 3.

Pero ademáis de actividades do máis entretidas, clientes e veciños desfrutaron de agasallos, diferentes descontos e, por suposto, do gran trato do comercio local nunha noite de sábado na que a festa serviu para impulsar o sector comercial, hostaleiro e de servizos da nosa vila e que nada ten que envexar ao das grandes cidades.

[/fusion_text][separator style_type=”none” top_margin=”30″ bottom_margin=”” sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” class=”” id=””][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2NzUxNDIwMjU3MCIgdGl0bGU9Ik3Ds3ZldGUgcG9yIEFzIFBvbnRlcyI+PGltZyBzcmM9Imh0dHBzOi8vZmFybTguc3RhdGljZmxpY2tyLmNvbS83MTM1LzI2NjQyMzM3MzMwX2VlMTQ0ZGZkZWVfYy5qcGciIHdpZHRoPSI4MDAiIGhlaWdodD0iNjU5IiBhbHQ9Ik3Ds3ZldGUgcG9yIEFzIFBvbnRlcyI+PC9hPjxzY3JpcHQgYXN5bmMgc3JjPSIvL2VtYmVkci5mbGlja3IuY29tL2Fzc2V0cy9jbGllbnQtY29kZS5qcyIgY2hhcnNldD0idXRmLTgiPjwvc2NyaXB0PjwvY2VudGVyPg==[/fusion_code][/fullwidth]