[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]As Pontes, 10 maio 2016

  • Como novidade nesta edición optouse por implicar á comunidade estudiantil cunha categoría de Ideas Emprendedoras de Estudantes, a que conta coa representación de catro centros educativos de As Pontes.

Un total de 29 proxectos e ideas emprendedoras competirán, o vindeiro 27 de maio, polos galardóns As Pontes Emprende, que celebran este ano a súa terceira  edición.

O Concello de As Pontes, mediante o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), vólvese poñer á fronte destes premios cos que tamén colaboran a Asociación Seara, Aje Ferrolterra, Euroeume e a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Hostaleiros de As Pontes.

De feito, dende a área municipal de Industria, apuntábase o gran éxito de convocatoria obtido neste 2016, no que se superaron, con creces as cifras de participación de galardóns anteriores.  O seu máximo responsable, Juan Carlos Romero, daba conta da súa satisfacción ante estes datos, sobre todo no que corresponde á categoría de Ideas Emprendedoras de Estudantes, unha novidade que, nesta primeira convocatoria, logrou reunir un total de catro interesantes proxectos de estudantes de Educación Primaria e Secundaria de centros ponteses o que, a xuízo do concelleiro, demostra que o emprendedurismo está garantido como base da economía pontesa do futuro.

Ademáis da posta en marcha dunha categoría para o tecido estudiantil, As Pontes Emprende tamén premiará aos mellores proxectos reais desenvolvidos por sociedades ou autónomos, categoría á que se presentaron un total de 20 iniciativas empresarias, e á mellor idea emprendedora, premio ao que concorren cinco proxectos.

De feito, ao longo da semana pasada, os 29 candidatos defenderon ante o xurado cada unha das súas propostas aínda que o nome dos gañadores non se dará a coñecer ata a gala final, que terá lugar o 27 de maio no Auditorio Municipal Alovi.

Segundo explicou o concelleiro Juan Carlos Romero, a decisión do xurado será do máis complicada debido á gran calidade de todos e cada un dos proxectos e ideas que concorren a estes galardóns. O edil tamén apuntou a gran diversidade dos proxectos presentados a concurso e que abranguen sectores coma o comercio, o turismo, os servizos, a alimentación e ata actividades vencelladas co sector primario.

No tocante aos premios, os dous mellores proxectos emprendedores constituídos no ámbito territorial do noso concello, tanto por autónomos coma por empresas, levarán como agasallo un bono formativo.

Con respecto á categoría de Ideas Emprendedoras, a mellor farase con 300 euros a canxear por material de ofimática, nos comercios da localidade; e para a categoría de ideas emprendedoras de estudantes contarase con dous premios de 300 euros en servizos ou material escolar: un para a mellor idea de Educación Primaria e outro para a categoría de Secundaria.

[/fusion_text][separator style_type=”none” top_margin=”30″ bottom_margin=”” sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” class=”” id=””][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2NzUzNjE2OTcyMCIgdGl0bGU9IkEgSUlJIGVkaWNpw7NuIGRlIEFzIFBvbnRlcyBFbXByZW5kZSByZcO6bmUgYSB1bmhhIHRyaW50ZW5hIGRlIHByb3hlY3RvcyBlIGlkZWFzIGVtcHJlbmRlZG9yYXMiPjxpbWcgc3JjPSJodHRwczovL2Zhcm04LnN0YXRpY2ZsaWNrci5jb20vNzU2MS8yNjMyNDQ2MjMxM183NjlhMGZiNTkyX2MuanBnIiB3aWR0aD0iODAwIiBoZWlnaHQ9IjQ1MCIgYWx0PSJBIElJSSBlZGljacOzbiBkZSBBcyBQb250ZXMgRW1wcmVuZGUgcmXDum5lIGEgdW5oYSB0cmludGVuYSBkZSBwcm94ZWN0b3MgZSBpZGVhcyBlbXByZW5kZWRvcmFzIj48L2E+PHNjcmlwdCBhc3luYyBzcmM9Ii8vZW1iZWRyLmZsaWNrci5jb20vYXNzZXRzL2NsaWVudC1jb2RlLmpzIiBjaGFyc2V0PSJ1dGYtOCI+PC9zY3JpcHQ+PC9jZW50ZXI+[/fusion_code][/fullwidth]