As Pontes, 9 de maio 2016| 3 novas iniciativas súmanse ao proxecto de posta en valor do patrimonio industrial e a industria viva das Pontes; Queserías del Eume, Asociación SEARA e Casa do Mel de Goente. Polo tanto, as primeiras visitas guiadas neste ano 2016 serán ás súas instalacións, durante o mes de maio:

  • Queserías del Eume (24 de maio)
  • Casa do Mel (25 de maio)
  • SEARA (31 de maio)

As visitas son de balde e é necesario reservar praza en [email protected], no 608201251 ou en www.experienciaindustrial.es

A maiores, co obxectivo de dar a coñecer o proxecto en destinos emisores, estanse realizando campañas de emailing, telefónicas e presenciais en centros educativos e colectivos profesionais de Galicia. Neste sentido, a Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña confirmou o seu interese en descubrir este proxecto, polo que visitarán As Pontes o día 26 de maio.

#RutaExperienciaIndustrial

En canto á ruta deseñada para gozar do patrimonio industrial pontés, o alumnado da ESO do IES Castro da Uz recibirá unha visita guiada a pé polo itinerario o xoves 12 de maio.

Por último, anúnciase que haberá unha visita guiada pola ruta aberta ao público o día 1 de xullo ás 17.00h. Tamén será necesario reservar nas canles habilitadas para elo.