As Pontes, 14 de xuño de 2021. O concello das Pontes garda un minuto de silencio contra a violencia machista.
 
Sobrecollid@s e apenad@s no máis profundo, seguimos consternad@s polo cruel suceso das pequenas Anna e Olivia.
 
Desde que empezamos a coñecer os resultados da investigación que confirmaban que sucedera o que temiamos, tod@s sen iexcepción sentímonos atacados e tod@s sen excepción puxémonos no lugar de Beatriz, a nai, e no de familia e amizades.
 
Nada pode reparar a perda, pero non deixamos de acompañal@s con todo o noso afecto e proximidade, con toda a nosa solidariedade.
 
Desgraciadamente, o terrible suceso das nenas en Tenerife non foi o único nas últimas horas co mesmo denominador común: a violencia machista. En Estepa, Sevilla, coñecemos a traxedia de Rocío, 17 anos; e uns días antes, non fai aínda nin un mes, cinco mulleres asasinadas, unha delas embarazada, e un neno asasinado tamén.
 
Por todas elas, o Concello das Pontes garda hoxe, 14 de xuño, ás 12:00 horas, un minuto de silencio polas 41 crianzas asasinadas desde 2013 por violencia machista e polas 1.096 mulleres mortas desde 2003 por violencia machista.
 
As Pontes contra a violencia machista.