As Pontes, 4 de novembro de 2022. Máis de 260 deportistas participará, esta fin de semana, no I Trofeo de Baile Deportivo Vila das Pontes, organizado polo Club de Baile Deportivo de Narón, en colaboración co Concello das Pontes e a Federación Española de Baile Deportivo.

A competición celebrarase o domingo, 6 de novembro, no pavillón polideportivo Monte Caxado, nas modalidades de caribeños, standard, latinos e combinados, danza coreográfica, disputándose ademais os campionatos galegos de caribeños e latinos.

Desde o Concello das Pontes, apuntan que “é unha enorme satisfacción acoller, por primeira vez, esta competición na nosa vila, unha cita que reunirá ás mellores parellas de Galicia do mundo do standard, latinos e caribeños, convertendo As Pontes, por unhas horas, na capital do baile deportivo galego”.

Un total de sete xuíces, de Galicia, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Portugal, serán os encargados de realizar as valoracións, desde las 10:00 ata, aproximadamente, as 20:15 horas.

O torneo desenvolverase en seis bloques, arrancando a competicións ás 10:00 horas cos bailes caribeños (salsa, merengue, bachata e salsa on2) disputándose o campionato galego de caribeños a partir das 11:45 horas.

A continuación, sobre ás 13:00 horas, arrancar a competición standard que dará paso, a partir das 14:30 horas, á modalidade latinos (samba, cha cha cha, rumba, pasodobre e jive).

En horario de tarde, a partir das 16:00 será a queda das parellas inscritas na modalidade de danza coreográfica. Unha vez rematada esta competición comezará o campionato galego de latinos, ás 17:20 horas, nas categorías júnior, xuvenil, sénior e youth.  A xornada rematará co torneo de bailes latinos, a partir das 19:25 horas, rematando o I torneo de Bailes Deportivos Vila das Pontes sobre ás 20:30 horas.

Desde o Concello das Pontes agradecen ao Club Baile Deportivo Narón, “un referente autonómico e nacional, ter escollido As Pontes como sede deste torneo e dos campionatos galegos de latinos e caribeños, dándonos a oportunidade de achegarnos a unha modalidade deportiva en alza, que conta cun importante número de persoas afeccionadas na nosa vila”

Así mesmo animan á veciñanza do municipio a gozar desta cita deportiva, lembrando que a entrada ten un prezo de 7 euros para as persoas adultas e que as nenas e nenos menores de 12 anos entrarán de balde.