20 persoas, procedentes de As Pontes, Narón, Lugo e A Coruña, participaron onte xoves día 20 dunha nova xornada deste proxecto piloto para a creación dun produto de Turismo Industrial. A empresa XARALEIRA recibiu aos asistentes nas súas instalacións do Aparral, situadas nun maravilloso entorno natural. Alí os asistentes disfrutaron coas explicacións de Eva e Mónica, que non dudaron en mostrar todos e cada un dos “bichiños” que crían nas súas naves; chinchillas, coellos, coballas, hamsters, ratos, ratas… Os asistentes puideron fotografiarse cos micromamíferos e roedores e adentrarse no día a día desta peculiar e exitosa empresa, proveedora de mascotas para tendas como Kiwoko, de roedores como alimento para o Zoo de Madrid ou o Parque de Cabárceno, e que incluso exporta a países como Reino Unido ou China.

Debido á gran demanda para visitar XARALEIRA, dende “As Pontes Experiencia Industrial” ofrecemos unha nova visita guiada para o mércores día 26 de agosto. Poden anotarse e reservar a súa plaza en [email protected] ou no teléfono 608201251.