A Aula CeMIT volve no mes de Setembro con 3 actividades para adultos e 2 para os máis pequenos.

Horario da Aula: 08:00 a 14:30 ata o 15 de Setembro. A partires do 15 de 10 a 14 e de 15:30 a 18:30.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Curso “Informática para menores “:

Inicio: Xoves 04/09/2015. Remate: Martes 08/07/2015.

Horario: De Martes a Xoves de 10:00 a 11:30.

Horas: 6.

Dada a boa acollida do último curso de Informática para menores volvemos a repetilo en horario de mañá antes de que empece o curso escolar para os pequenos. O obxectivo desta actvidade é dar unha visión ós nenos da utilidade que ten a informática na vida cotiá, tanto para o uso escolar coma para o ocio (idade recomendada de 6 a 11 anos).

Curso “Preparación CODIX Novembro 2015 (14554)“:

Inicio: Luns 07/07/2015. Remate: Venres 30/10/2015.

Horario: Luns e Venres de 12:00 a 13:30.

Horas: 20.

O CODIX (certificación galega de competencias dixitais en ofimática) é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación. Este curso pretende axudar a preparar o exame de acceso libre que se vai a celebrar no mes de Novembro e cuxa superación significa a obtención de dito certificación. Para máis información sobre esta certificación podes achegarte á aula ou visitar cemit.xunta.es

Curso de “Iniciación ás bases de datos: LibreOffice Base“:

Inicio: Mércores 09/09/2015. Remate: Venres 30/00/2015.

Horario: Luns, Martes e Venres de 16:30 a 18:30.

Horas: 20

O obxectivo deste curso e dar unha introducción á creación e control de bases de datos relacionais mediante o uso de LibreOffice Base. Veremos como crear bases de datos, vistas, formularios e informes para un uso particular ou nun pequeno negocio.

Curso “Programación para menores con Scratch“:

Inicio: Martes 15/09/2015. Remate: Xoves 26/11/2015.

Horario: Martes e Xoves de 17:00 a 18:30.

Horas: 30.

AVISO: a día 8 de septiembre quedan 3 plazas libres!! 

A aula CeMIT porá en marcha o curso de programación para menores con Scratch o día 15 de Setembro. Cunha duración de 30 h prolongarase ata o 26 de novembro. Constará de 15 sesións de 1 hora e media de duración, a realizar tódolos martes e xoves de cinco a seis e media da tarde.
Esta actividade consiste en aprender o uso da aplicación Scratch:

Scratch é unha aplicación destinada principalmente a nenos que permite explorar e experimentar cos conceptos de programación de ordenadores usando unha interface gráfica simple.
Esta ferramenta, cada vez máis usada nos colexios, pode axudar os nenos a mellorar o seu pensamento lóxico e matemático, xa que se necesita resolver os problemas de maneira metódica e ordenada. Tamén posibilita o aprendizaxe colaborativo a través do intercambio de coñecemento e desenrolase a capacidade para poñer en duda as ideas dun mesmo.
Todo isto a través dunha interface gráfica que nos permite dar liberdade á creatividade dos pequen@s, tendo a posibilidade de crear xogos, historias e animacións dunha maneira interactiva e divertida, empezando con traballos simples que se poden ir expandindo ata facelos máis complexos. En definitiva, pode dicirse que é, literalmente, aprender xogando.
A idade recomendada para a inscrición neste curso é de 6 a 12 anos. Dende a aula CeMIT quérese instar os pais interesados a poñerse en contacto con nós, aínda que se supera o número de prazas dispoñibles haberá posibilidade de facer máis grupos de cara o mes de Outubro.
Para inscribirse no curso ou para solicitar máis información sobre el poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Curso “Folla de cálculo: nivel avanzado“:

Inicio: Mércores 16/09/2015. Remate: Luns 28/09/2015.

Horario: Luns, Mércores e Venres de 16:30 a 18:30.

Horas: 12.

Continuación do último curso de folla de cálculo feito con anterioridade. O temario consistirá en aprender o uso de fórmulas e gráficos a un nivel avanzado e unha introdución ós macros. Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionado cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sean do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso. Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28),  chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.

Descárgate el programa en pdf aquí.