En menos dunha semana a empresa XARALEIRA, criadora de micromamíferos e roedores, acolleu a súa segunda visita guiada, debido ao gran interese mostrado polo público. Desta volta foron 20 persoas procedentes de As Pontes, Ferrol e Baralla, as que puideron fotografiar e tocar os numerosos “bichiños” que se crían nesta curiosa granxa.

Jose Vilaboy, xerente da empresa, recibiu e guiou aos asistentes, realizando unha exposición completa sobre a historia, o modelo de xestión interna e o futuro de XARALEIRA. Ademáis, o programa da TVG “Cos pés na terra”, achegouse ás instalacións para realizar un dos seus programas.