Outubro, 2019

26out11:00 am2:00 pmAmigus Labs • Obradorio Gimp e Raspberry Pi11:00 am - 2:00 pm Puentes de García Rodríguez, La Coruña

Detalles do Evento

 

Anotade, o vindeiro 26 de outubro un novo obradorio da Amigus Labs, nesta ocasión de utilización software e hardware libre para a edición e retoque de imaxes con GIMP e Raspberry PI.

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como fotografías. É un programa libre e gratuíto.

Raspberry Pi, é un computador de tamaño de tarxeta de crédito que se conecta ao seu televisor e un teclado. É unha placa que soporta varios compoñentes necesarios nun computador común. É un pequeno ordenador que pode ser utilizado por moitas das cousas que a súa PC de escritorio fai, como follas de cálculo, procesadores de texto, editores gráficos e xogos. Tamén reproduce vídeo de alta definición. É un precio dende 35€.

De 11:00 a 14:00 realizaremos o taller gratuíto. Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás na páxina do evento.

Recomendámosche que traias un ordenador portátil co GIMP xa instalado, aínda que teredes a opción de usar os equipos que preparamos de demostración con Raspberry PI.

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus Labs, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 25 de outubro (prazas limitadas).

? Tedes o programa completo do obradoiro en http://www.amiguslabs.org/amigus-labs-gimp-e-raspberry-pi/

Horario

(Sábado) 11:00 am - 2:00 pm

Lugar

As Pontes

Puentes de García Rodríguez, La Coruña

X