As Pontes, 3 de abril| O día 9 dará comezo “Edición de imaxes con GIMP”. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos:
- Introdución e descrición da interface grafica
• Conceptos básicos de imaxes dixitais
• Uso de capas
• Ferramentas de selección
• Uso de outras ferramentas
• Retoques que podemos facer nas nosas fotos
• Un cartel sinxelo
• Montaxes simples
Edición de imaxes con GIMP
- Datas Do 9 ó 11 de abril
- Periodicidade Luns a mércores
- Horario De 10:30 a 13:00
O día 17 porase en marcha o curso “Busca de emprego” de Internet. O obxectivo é dar unha visión xeral de qué podemos facer para buscar emprego usando as as novas tecnoloxías.
Contidos:
• Métodos de busca de emprego
• Portais de emprego
• Emprego público
• ETT’s e outras páxinas
Busca de emprego a través de Internet
- Datas Do 17 ó 20 de abril
- Periodicidade Martes a venres
- Horario De 11:30 a 13:30
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.