As Pontes, 29 de setembro| Doce alumnos tomarán parte, ata mediados de 2018, na primeira edicióndo Obradoiro de Emprego Eume de atención sociosanitaria.

A edil de Emprego, Ana Pena, e o concelleiro de Recursos Humanos, José Alén, inauguraron hoxe o novo obradoiro de Emprego Eume que, durante os vindeiros nove meses, permitirá formar a unha ducia de veciños e veciñas en atención sociosanitaria a domicilio.

Esta nova proposta, na que participan persoas en situación de desemprego, busca favorecer a súa inserción laboral e conta co respaldo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O local social do colectivo Vincallo acolleu esta mañá a sesión de presentación deste obradoiro de emprego, escenario no que se desenvolverán as clases teóricas. Tamén haberá sesións prácticas, todo isto ao abeiro dun amplo programa de formación que contará con 1.440 horas e que se prolongará ata finais de xuño do ano que vén.

A concelleira Ana Pena deu a benvida aos alumnos e docentes seleccionados e anunciou a intención do departamento que dirixe de continuar nesta liña de formación, en prol de ofrecer novas saídas laborais. De feito, a edil subliñou que esta escola taller é unha moi boa oportunidade para mellorar a posición destes alumnos e alumnas no mercado laboral, ao tratarse dunha titulación moi demandada.

Ademáis de agradecer a colaboura da AVV Vincallo pola cesión das súas instalacións, a edil puxo a desposición de alumnos e mestres todas as ferramentas das que dispón o seu departamento ao seu servizo, ao tempo que subliñaba a súa satisfacción por poder utilizar os recursos públicos para dar lugar a novas saídas laborais e crear emprego.

Pola súa banda, José Alén animou aos presentes a aproveitar esta oportunidade xa que servirá para obter o certificado de profesionalidade, o que permitirá aos participantes traballar tanto no sector público coma no privado, e deste xeito, contar cunha importante saída laboral nun terreo que goza, a día de hoxe, de moita demanda.

Ademáis dos 12 alumnos que se formarán e percibirán un salario durante os meses que dure este curso, este obradoiro conta con catro persoas que integrarán o corpo docente e que está integrado por un director, un mestre especializado en atención sociosanitaria, un auxiliar administrativo e un mestre en formación e xestión empresarial, o que eleva a 16 a cifra de persoas que, durante estes nove meses, contarán cun emprego.

O taller conta cun orzamento total de 167.975 euros, dos 40.000 euros proceden do Concello de As Pontes, e o resto da Consellería de Economía, Emprego e Industria.