As pontes, 5 de abril| Nos próximos días darán comezo as obras de remodelación da caseta do polbo ubicada na Fraga.
O obxetivo desta remodelación e converter este espazo nun de maior funcionalidade, estética e servizo. A idea e que as obras finalicen a principios do mes de xulio, antes das Festas Patronais.
O Concello adxudicou o proxecto por un importe menor ao da súa licitación, 156.178, 22 euros. Finalmente, a empresa Construcións Siber Order S. L. será a encargada de levar a cabo os traballos por unha cantidade de 115.368,85 euros.