As Pontes, 5 outubro|O luns 16 comezarán na aula unhas xornadas sobre ciberseguridade.
As Xornadas están dirixidas a todas as persoas que teñan interese nas novas tecnoloxías e na ciberseguridade.
Serán 8 módulos de ciberseguridade de 3 horas cada módulo cos seguintes contidos:
– O meu ordenador é un zombie:
Funcionamiento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección.
– Fundamentos do análise de sitios web:
Funcionamiento dun sitio Web. Detección, identificación, análise e forma de explotar as vulnerabilidades web.
– Análise de malware en android:
Prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android.
– Espionaxe e cibervixilancia
Análise das diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.
– Fundamentos do análise de sistemas
Identificación, análise e explotación das principais vulnerabilidades dos servicios soportados por un servidor.
– Forense en windows
En qué consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows.
– Programación segura de sitios web
Identificación dos principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras.
– Seguridade Wifi (Requeriría tarxeta de rede inalámbrica)
Por outra parte, este ano haberá dous grupos de “informática para nenos”. Estos cursos están destinados a nenos de 8 a 14 anos. Neles aprenderemos a realizar os traballos da escola utilizando o ordenador, procurar información na internet, xestión de arquivos e carpetas e programación para nenos.
GRUPO I |
GRUPO II |
LUNS DE 17:30 A 19:00 |
MÉRCORES DE 17:30 A 19:00 |
Informática para nenos prologarase ate o mes de xuño.
Por último, o día 19 seguiremos coa actividade Aula de idiomas: inglés onde a rematamos o ano pasado. Os xoves de 16 a 17 practicaremos o uso de inglés dunha maneira totalmente oral, a través da videoconferencia. Esta actividade prologarase ate o mes de xuño
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.