RTVEume| O Concello de As Pontes vai impartir dous cursos de administración e xestión con certificado de profesionalidade.

Este plan de formación para desempregados vai ter carácter gratuito e acadábase mediante a colaboura do Centro de Estudos Ensino, que serán os encargados da súa impartición.

Os cursos, a comezar no vindeiro mes de xullo, serán de gravacións e tratamento de documentos e datos, e outro de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. O primeiro de 458 horas, e o segundo de 448.

Ámbolos dous contarán con certificación de profesionalidade e nivel I de cualificación profesional.

Ó seren do Plan AFD, é precioso para poder participar, estar dado de alta no SEPE, Servizo de Emprego Público Estatal, e posteriormente, se a demanda supera as 15 prazas por cada curso, realizarase unha proba de selección.

@s interesad@s poden solicitar máis información no SEPE ou no Centro de Estudos Ensino.