Convocatoria de prazo para a inscrición ao “Campamento Urbán de Verán 2.015”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas a nenas e nenos do Concello das Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás mulleres a conciliación e a súa promoción social e laboral.

A actividade vaise desenvolver durante as seguintes datas: do 22 ao 30 de xuño, o mes xullo, o mes de agosto e no mes de setembro desde o 1 ata o día anterior da data de comezo do curso escolar 2014/2015, en días laborables, de luns a venres, coa posibilidade de dous horarios:

Opción A: de 8:00 a 14:30 horas (con servizo de transporte).

Opción B: de 10:00 a 14:30 horas.

A actividade vai dirixida aos nenos e nenas nados entre 2.003 e 2.011 do Concello das Pontes, habendo un total de 65 prazas e 5 para nenos/as con necesidades educativas especiais.

O lugar de inscrición será no Departamento de Servizos Sociais, desde o 5 ao 16 de xuño de 2.015, en horario de 8:30 a 14:00 horas.

Tamén poderá enviarse a incrición e a documentación por correo electrónico á seguinte dirección: [email protected]

Bases da convocatoria: descargar

Hoja de inscripción: descargar